jueves, 10 de abril de 2014

Xornada en Terapia Familiar

Informámosvos que o vindeiro 31 de maio celebraremos na nosa sede unha Xornada de Terapia Familiar na que contaremos coa presencia de Valentín Escudero e Pepe Navarro. Unha xornada, destinada a psicólogos e terapeutas familiares, na que teremos a posibilidade de ver o seu traballo clínico, co visionado dunha sesión de cada un de eles na que será “supervisado” polo outro, explicando aos asistentes o desenvolvemento da mesma, establecéndose un debate entre ambos posteriormente. Finalizando coa participación dos asistentes, que poderán plantexar todas as cuestións que vaian xurdindo.

Adxuntamos o tríptico e o cartel informativo. Se estás interesado en participar, podes remitir o boletín ao correo: loftpsicologos@gmail.com

Pregamos a máxima difusión entre aquelas persoas as que lles poida interesar.

¡Grazas!






No hay comentarios:

Publicar un comentario