Servizos

1. Orientación e apoio á familia: aquí agrupamos os servizos dirixidos ás familias nos diferentes ámbitos nos que se desenvolve (social, escolar e parental) co obxetivo de desenvolver a competencia educativa dos pas/nais e fomentar a parentalidade positiva.
  • Espazos das Familias: xuntanzas periódicas dirixidas a pais/nais con fillos de entre 0 e 6 anos, onde acompañados por un profesional especializado en orientación educativa, abordaranse temas de interese educativo en función das necesidades das familias e realizaremos actividades grupais nas que compartimos aprendizaxes sobre o correcto desenvolvemento dos cativos de maneira lúdica e didáctica.

  • Escolas de pais e nais en centros educativos (infantil, primaria e ESO): a escola de nais e pais é un espazo de encontro, comunicación, formación e reflexión dirixido a mellorar a competencia educativa dos pais e nais con nenos escolarizados.
  • Campamentos de verán: os campamentos de verán representan unha solución para aqueles pais e nais que non poden compaxinar os seus compromisos profesionais coas vacacións escolares dos seus fillos e fillas.

  • Atención individualizada: intervención terapeútica á familias con necesidades específicas.
  • Formación de adultos: obradoiros de memoria e estimulación cognitiva.

2. Formación de profesionais
  • Cursos de profesionais do ambito familiar, educativo e social: educadores familiares, profesionais da educación, traballadores sociais, etc.
  • Escola de Terapia Familiar "Loft Psicólogos. Espazo Clínico": Centro acreditado pola F.E.A.T.F. (Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar) e a A.T.F.M. (Asociación de Terapia Familiar y Mediación de Galicia).