Inicio

        Na sociedade actual atopámosnos con dificultades na educacion das crianzas xurdidas da nova realidade social (ritmo de vida estresante, dificultade na conciliación laboral-familiar, influencia das novas tecnoloxías, traslado de responsabilidades  educativas da familia á escola, falta de servizos de atención á infancia, novos tipos de familia, etc.) que xustifican a creación dun servizo integral de apoio ás familias.   
 
       Dende Medrando á par apoiamos os esforzos da familia e da comunidade para asegurar o desenvolvemento integral dos nenos, axudandolles a facer o mellor uso dos recursos dispoñibles, a afrontar os retos e as dificultades que atopan na crianza dos fillos, e mellorando a calidade das relacións entre os membros da familia e entre familias.

          Somos unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin mellorar a competencia educativa das persoas implicadas na educación dos cativos, ofrecendo un apoio permanente por e para o desenvolvemento e a educación integral dos seus fillos (de 0 a 16 anos) en diferentes ámbitos.
 
         Queremos ser un referente ofrecendo apoio educativo a distintos niveis: familiar, escolar e social. Por iso, os nosos servizos seguen dúas liñas de actuación:


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario