miércoles, 9 de abril de 2014

Obradorio "Recursos para pais/nais e fillos de entre 3 e 6 anos"

Esta semana, o xoves 10 e venres 11 de abril, estaremos na Biblioteca Pública de Pontevedra, desenvolvendo un Obradoiro “Recursos educativos para pais con filos entre 3 a 6 anos", en colaboración coa empresa IMASV.

Este obradoiro constará de dúas sesións:

1ª sesión: Xoves, 10 de abril
Público destinatario: Pais (sen fillos)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30
Obxectivos: 1. Dar pautas aos pais de como comportarse cos nenos á hora de poñer os recursos educativos da web nas súas mans. 2. Explicar e amosar o seu uso cunha selección de recursos gratuítos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos. 3. Indicar aos pais os recursos de libros físicos da biblioteca.

2ª sesión: Venres, 11 de abril
Público destinatario: Pais cos seus fillos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:30-19:00
Obxectivo: Fomentar o xogo entre pais e fillos cunha actividade titulada "Un conto a escuras".

Con inscrición previa, a partir do luns 31 de marzo, no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. 15 prazas).

Pregamos a súa difusión a todas aquelas persoas que poida interesarlle.

Animádevos¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario