viernes, 3 de octubre de 2014

Presentación do curso en Cangas do Morrazo o pasado 1 de outubro na casa da xuventude

FARODEVIGO
Principio del formulario
Pais e fillos, crecendo xuntos
As familias comparten espazo e tempo na proposta de Medrando á Par, en Cangas
G.M.P. Cangas 02.10.2014 | 05:11
A iniciativa presentouse onte na Casa da Xuventude coa presenza do edil José Luis Gestido. // G. Núñez
"Fomentar a competencia educativa das familias en reunións de apoio, nas que participan nenos e pais" é a proposta da asociación
Medrando á Par, integrada por un equipo multidisciplinar de profesionais con formación e experiencia en orientación, asesoramento e intervención educativa. Así o explica a orientadora Maite Santiago, que onte pola tarde trasladou eses obxectivos ás familias nun concurrido acto celebrado na Casa da Xuventude de Cangas. A proposta desenvólvese no Morrazo por terceiro ano consecutivo, e onte acordouse celebrar reunións quincenais, os mércores, coa creación de grupos de mañán e tarde.
A proposta permite ás familias con nenos e nenas desde que nacen ata os seis anos "a posibilidade de compartir un espazo e tempo que permitirá o intercambio de experiencias entre as nais e pais" e onde os cativos "terán a posibilidade de socializar con outros nenos e nenas das mesmas idades participando en actividades lúdico-didácticas", sempre coas presenza da súa familia e contando co respaldo de profesionais especializados en orientación educativa.
Medrando á Par, unha asociación sen ánimo de lucro que se sustenta cunha cuota trimestral de 30 euros por cada familia asociada, tamén ten outros servizos relacionados coa formación de pais e nais con fillos de ata 16 anos, así como a formación de profesionais. Obradoiros de estimulación temperá para bebés e talleres de xogo son outras das súas propostas. O programa que desenvolven están "adaptado á demanda, ás idades e ás necesidades dos pais e nais", engade Maite Santiago, e destaca que estas actividades "non son incompatibles coas escolas infantís" e outras similares. "Esta é un punto de encontro onde compartimos o tempo e as ideas para o día a día", engade a orientadora. A asociación ofrece información no correo electrónico medrandoapar@gmail.com ou no teléfono 676 879 528.

No hay comentarios:

Publicar un comentario