sábado, 17 de mayo de 2014

XORNADA "ENCONTRO ENTRE TERAPEUTAS": José Navarro e Valentín Escudero


O vindeiro sábado 31 de maio terá lugar a xornada formativa "Encontro entre Terapeutas", dirixida a profesionais do ámbito da Psicoloxía, terapia familiar, intervención social e estudantes.
O encontro entre estes dous terapeutas, cun amplio e recoñecido prestixio na terapia familia, permitiranos ter a posibilidade de observar a intervención directa en sesión clínica de cada un deles, coa analise do outro e posterior debate entre ambos para facilitar aos asistentes o coñecemento das técnicas e recursos empregados na mesma.
Para asistir é necesario mandar por correo electrónico o Boletín de Inscrición debidamente cuberto e copia do aboamento das taxas, que son de 60 euros. Unha vez recibidos o boletín e a copia do aboamento das taxas enivaráselle un correo electrónico confirmando a inscrición no Seminario. A asistencia as mesmas Certifícase pola Escola como centro acreditado pola Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar (FEATF).
Para máis información ou aclarar posibles dúbidas pode poñerse en contacto con nos neste correo electrónico loftpsicologos@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario