A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) é un
tratado internacional das Nacións Unidas polo que os estados asinantes
recoñecen os dereitos do neno. A convención está composta por 54 artigos que
consagran o dereito á protección da sociedade e o goberno, o dereito dos
menores de 18 anos a desenvolverse en medios seguros e participar activamente
da sociedade. A CDN recoñece aos nenos como
suxeitos de dereito, pero converte aos adultos en suxeitos de responsabilidades.
Entre os principais dereitos
do neno destacan os seguintes:
- Á vida.
- Á saúde.
- O descanso, o esparcemento,
o xogo, a creatividade e as actividades recreativas.
- A liberdade de expresión
e a compartir os seus puntos de vista cos outros.
- A un nome e unha
nacionalidade.
- A unha familia.
- Á protección durante os
conflitos armados.
- Á liberdade de
pensamento, conciencia e relixión.
- Á protección contra o
descoido e o trato neglixente.
- Á protección contra o
traballo infantil e a explotación económica en xeral.
- Á educación, que será
gratuíta e obrigatoria, polo menos nas etapas elementais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario